Aviso legal

AVISO LEGAL

Os dereitos de propiedade intelectual da web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e dos elementos nela engadidos son titulariedade do propio Consorcio da Igualdade e do Benestar, reservándose a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida na web, en calquera momento, e sen necesidade de previo aviso.

O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos.

O Consorcio da Igualdade e do Benestar non se fai responsable dos danos e dos prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

Tanto o acceso ao portal, como ao uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade do usuario.

O Consorcio da Igualdade e do Benestar non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas, perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios e a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.

Aviso legal